lunes, 9 de diciembre de 2013

Campaña de outono


A pesar de que o día seguía ameazando con chover como días anteriores, decidimos arriscarnos e non seguir pospoñendo a saída o Río Xuvia para realizar a campaña de outono.

Así que o día 13 de Novembro collimos o material necesario e saímos camiñando dende o centro ata o noso tramo do Río Grande de Xuvia. Alí analizamos a calidade hidromorfolóxica, calidade físicoquímica e a calidade biolóxica dos cincocentos metros do noso Río.


Analizamos a calidade do bosque de ribeira, é dicir da franxa de vexetación que encontramos entre o ambiente terrestre e o fluvial




Tomamos nota das especies de árbores atopadas no bosque de ribera



Medimos o caudal, para iso tivemos que determinar a profundidade do río, a anchura e a  velocidade da auga.

Camiñamos observando o noso tramo e buscando o mellor lugar para realizar a mostraxe



.

Aquí temos a valiente voluntaria que realizou a mostraxe,







Unha mostra de auga para determinar a temperatura, cantidade de osíxeno disolto, pH e nitratos presentes.

Analizamos a calidade biolóxica mediante os macroinvertebrados atopados que empregamos como bioindicadores, por certo moi boa



jueves, 5 de diciembre de 2013

Qué é o Proxecto Ríos?

O proxecto ríos pretende estudiar o rio Xubia ó seu paso por San Sadurniño dende un punto de vista interdisciplinar. Os profesores participantes pretendemos achegar ó alumnado o coñecemento do ecosistema fluvial e o seu patrimonio etnográfico e cultural e tamén todo aquilo ó que os rios aportaron á nosa sociedade dende hai séculos. Trataremos pois de "aprender facendo" sobre este importante recurso.
Para traballar ímos facelo no contexto do proxecto ríos que ADEGA botou a andar hai anos, podedes velo no seguinte enlace http://www.proxectorios.org/.
A nosa iniciativa enmárcase ademáis no Plan Proxecta da Consellería de Educación, en colaboración neste caso coa Consellería de Medio Ambiente e a organización ecoloxísta ADEGA.