lunes, 26 de junio de 2017

MACROINVERTEBRADOS

Os alumnos e alumnas de 1º da ESO tamén foron ao río Xubia a analizar os distintos macroinvertebrados estudando a calidade biolóxica do mesmo.

ÁRBORES DE RIBEIRA

Os alumnos e alumnas de 1º da ESO neste curso identificaron as árbores de ribeira más representativas da nosa contorna.

martes, 21 de junio de 2016

MURAL SOBRE AS ÁRBORES DE RIBEIRA

Os alumnos e alumnas de 1º da ESO fixeron un mural sobre as árbores de ribeira, este foi o resultado:

jueves, 26 de mayo de 2016

ÁRBORES DE RIBEIRA

Estes son algúns dos traballos feitos polos alumnos de 1º da ESO sobre as árbores de ribeira. No mes de xuño iremos ao río Xubia e identificarémolos. Ao longo destes días, publicaremos máis traballos sobre este tema.

martes, 19 de abril de 2016

IMAXES DO RÍO XUVIA NO MES DE FEBREIRO DE 2016

Os alumnos Carmen Miguez de 1º ESO B e Sergio Pazos de 3º ESO B sacaron estas fotos a mediados do mes de febreiro, nelas apréciase as inudacións que provocou a crecida do río Xuvia ao seu paso por San Sadurniño.

jueves, 14 de abril de 2016

E RATOS TAMÉN

Imos aproveitar este espazo de difusión para contar cousas sobre o proxecto RATOS NO LABORATORIO  2016.
Escomezamos por unhas preguntiñas para investigar e coñecer un pouco ós nosos amigos.

RATOS NO LABORATORIO 2016

INVESTIGANDO ÓS RATOS

Para comezar a familiarizarnos cos ratos, imos buscar algo de información, para atopar a información non esquezas que tamén podes facer búsquedas en inglés¡¡¡

As  respostas deberás rexistralas na túa libreta de aula. Despois xa veremos quén as publica neste blogue:

¿Cómo diferenciamos os machos das femias?
¿Cánto come un rato?
¿Cántas mamas ten unha femia de rato?
¿Canto tempo está preñada a femia?
¿Cantos días despois do parto teñen que pasar para que poida quedar preñada de novo?
¿A qué idade son maduros sexualmente os ratiños?
¿Para qué se usan os ratos que se crian nas granxas?

Nomea 5 fenotipos posibles para o tipo de pelaxe nos ratos.

miércoles, 28 de octubre de 2015