martes, 19 de abril de 2016
IMAXES DO RÍO XUVIA NO MES DE FEBREIRO DE 2016
Os alumnos Carmen Miguez de 1º ESO B e Sergio Pazos de 3º ESO B sacaron estas fotos a mediados do mes de febreiro, nelas apréciase as inudacións que provocou a crecida do río Xuvia ao seu paso por San Sadurniño.
jueves, 14 de abril de 2016
E RATOS TAMÉN
Imos aproveitar este espazo de difusión para contar cousas sobre o proxecto RATOS NO LABORATORIO 2016.
Escomezamos por unhas preguntiñas para investigar e coñecer un pouco ós nosos amigos.
Escomezamos por unhas preguntiñas para investigar e coñecer un pouco ós nosos amigos.
RATOS NO LABORATORIO
2016
INVESTIGANDO ÓS
RATOS
Para comezar a
familiarizarnos cos ratos, imos buscar algo de información, para
atopar a información non esquezas que tamén podes facer búsquedas
en inglés¡¡¡
As respostas deberás rexistralas na túa libreta de aula. Despois xa veremos quén as publica neste blogue:
¿Cómo
diferenciamos os machos das femias?
¿Cánto come un
rato?
¿Cántas mamas ten
unha femia de rato?
¿Canto tempo está
preñada a femia?
¿Cantos días
despois do parto teñen que pasar para que poida quedar preñada de
novo?
¿A qué idade son
maduros sexualmente os ratiños?
¿Para qué se usan
os ratos que se crian nas granxas?
Nomea 5 fenotipos
posibles para o tipo de pelaxe nos ratos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)