A pesar de que o día seguía ameazando con chover como
días anteriores, decidimos arriscarnos e non seguir pospoñendo a saída o Río Xuvia para
realizar a campaña de outono.
Así que o día 13 de Novembro collimos o material
necesario e saímos camiñando dende o centro ata o noso tramo do Río Grande de Xuvia. Alí
analizamos a calidade hidromorfolóxica, calidade físicoquímica e a calidade
biolóxica dos cincocentos metros do noso Río.
![]() |
Analizamos a calidade do bosque de ribeira, é dicir da franxa de vexetación que encontramos entre o ambiente terrestre e o fluvial |

Tomamos nota das especies de árbores atopadas no bosque de ribera

Medimos o caudal, para iso tivemos que determinar a profundidade do río, a anchura e a velocidade da auga.

Camiñamos observando o noso tramo e buscando o mellor lugar para realizar a mostraxe


.




Unha mostra de auga para determinar a temperatura, cantidade de osíxeno disolto, pH e nitratos presentes.
![]() |
Analizamos a calidade biolóxica mediante os macroinvertebrados atopados que empregamos como bioindicadores, por certo moi boa |