O día 13/5/2014 os alumnos de Bioloxía e Xeoloxía de 4º ESO realizaron a inspección da campaña de primavera do Proxecto Ríos.
Moitos dos datos tomados correspóndense coa campaña de outono agás os que se citan a continuación:
A CALIDADE HIDROMORFOLÓXICA
Neste apartado medimos de novo o caudal do río no mesmo punto que o determinamos na campana de outono. Determinamos o ancho do cauce, a profundidade e a velocidade mediante unha cortiza que deixamos caer na superficie da auga e anotamos os segundos que tardou en percorrer unha distancia de 10 m. Multiplicando ancho, profundidade e velocidade determinamos o caudal. O resultado obtido, foi menor que na campaña de outono como era de esperar, debido a que as precipitacións tamén foron menores nesta campaña, pero hai que sinalar, que o vento, aínda que suave impedía que a cortiza avanzase correctamente, polo que esta redución medida non sería tan notable como amosan os datos obtidos, 4,9 m3/s
A CALIDADE FÍSICOQUÍMICA
Neste apartado volvimos a determinar a temperatura e transparencia da auga, contido de nitratos, pH, osíxeno disolto e saturación.
Sinalar que a temperatura foi de 13,1ºC, é dicir, 2,1 ºC superior a campaña de outono. Debido a este incremento da temperatura e que o contido de osíxeno disolto foi o mesmo, a saturación pasó do 67% o 70%. Polo tanto continuamos en valores optimos, e aínda que a auga podería incorporar aínda un 30% máis de osíxeno, tamén nos indica que a produción de osíxeno no metabolismo das algas e superior a campaña de outono.
A CALIDADE BIOLÓXICA
Recollimos de novo as mostras do substrato, para analizar a calidade biolóxica empregando como bioindicadores os macroinvertebrados. A biodiversidade de organimos foi moi similar a campana de outono, pero atopamos un maior número de organismos de cada especie. Con respecto a esto seguimos determinando que as augas do río Xuvia no noso treito, non estan contaminados ou ateradas de modo sensible.
lunes, 26 de mayo de 2014
lunes, 19 de mayo de 2014
En maio e abril poemas mil II
Eleximos hoxe un poema do autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, Xosé María Díaz Castro. O poemá titúlase "Vísperas" e pertence ao seu libro Nimbos:
POLOS DÍAS do Carmio a festa chega ó río.
Unha
música ardente vén no aire coma un río
de
recordos. Foguetes lonxanos cain no río.
Este
é o Porto – Muíño, todo en lapas, o río.
O
río está deitado coma un boi remoendo,
i o Tempo non sei qué anda rente del remexendo.
As
bágoas do ameneiro cain pola noite abaixo,
e
fan ceos pequenos de estrelas aló embaixo.
Nas
puntiñas dos pés a festa chega ó río,
i anésgase, larmeira, á beiriña do río.
Despois
vólvese tola: brinca o río berrando,
e
pérdese nos vimbios e as xesteiras beilando,
i
acéndese nos vidros da aldea chea de anos,
i
ergue a moi meiga as pálpebras de animás e cristianos…
Chora
o ameneiro en soños (¡Que ben se oin os muiños!),
e
chora polo tempo perdido nos camiños.
Ai
como está de bágoas de nenos feito o río!
Este
é o Porto – Muiño, todo en sombras, o río.
A
Virxe pasa a mau polo lombo do río…
Xosé
María Díaz Castro
Por certo, se queres saber algo máis sobre os ameneiros aquí atoparás máis información.
miércoles, 14 de mayo de 2014
A palabra río no Portal das palabras
Hoxe a "Palabra do día" no Portal das palabras é río. Por certo, cal é a palabra da que provén? Atoparás esta información no enlace anterior.
martes, 22 de abril de 2014
En maio e abril poemas mil
Mentres agardamos pola publicación neste blogue do voso Cancioneiro do Xuvia que estamos rematando e no que incluiremos as vosas poesías, queremos nestes días de primavera lembrar algúns dos poemas sobre ríos escritos en lingua galega ao longo do século XX e XXI... Algúns xa os coñecedes e outros ao mellor non, pero nunca é tarde.
Empezamos cun poema do libro O galo de Luís Amado Carballo:
Desconsolo
Deixando aa fonte á chorar
fuxe o río pol-o quenlle
con pasadas de cristal...
— Ay amante, amante
¿cando voltarás?,
será pol-a Páscoa
ou pol-a Trindá...
O cantar do merlo
quérea consolar:
Voltará o amante
ben cedo cicais,
cicais poI-a Páscoa
ou pol-a Trindá.
Pon frores no pelo
si é de lei, virá.
Contéstalle a fonte
no seu saloucar:
Amores que fuxen
xa non voltarán,
nin pol-a Páscoa
nin pol-a Trindá.
Soyo follas secas
Outono m'ha dar.
Ficaban tan soyo
na branca mañán,
o fuxir do río
y-a fonte a chorar.
Deixando aa fonte á chorar
fuxe o río pol-o quenlle
con pasadas de cristal...
— Ay amante, amante
¿cando voltarás?,
será pol-a Páscoa
ou pol-a Trindá...
O cantar do merlo
quérea consolar:
Voltará o amante
ben cedo cicais,
cicais poI-a Páscoa
ou pol-a Trindá.
Pon frores no pelo
si é de lei, virá.
Contéstalle a fonte
no seu saloucar:
Amores que fuxen
xa non voltarán,
nin pol-a Páscoa
nin pol-a Trindá.
Soyo follas secas
Outono m'ha dar.
Ficaban tan soyo
na branca mañán,
o fuxir do río
y-a fonte a chorar.
E por certo, unha preguntiña para mañá? Cal é o río que pasa pola cidade natal do autor e desemboca na ría desta?
domingo, 6 de abril de 2014
O proxecto ríos pretende estudiar o rio Xuvia ó seu paso por San Sadurniño dende un punto de vista interdisciplinar. Os profesores participantes pretendemos achegar ó alumnado o coñecemento do ecosistema fluvial e o seu patrimonio etnográfico e cultural e tamén todo aquilo ó que os rios aportaron á nosa sociedade dende hai séculos. Trataremos pois de "aprender facendo" sobre este importante recurso.
Para traballar ímos facelo no contexto do proxecto ríos que ADEGA vouto a andar hai anos, podedes velo no seguinte enlace http://www.proxectorios.org/.
A nosa iniciativa enmárcase ademáis no Plan Proxecta da Consellería de Educación, en colaboración neste caso coa Consellería de Medio Ambiente e a organización ecoloxísta ADEGA.
Para traballar ímos facelo no contexto do proxecto ríos que ADEGA vouto a andar hai anos, podedes velo no seguinte enlace http://www.proxectorios.org/.
A nosa iniciativa enmárcase ademáis no Plan Proxecta da Consellería de Educación, en colaboración neste caso coa Consellería de Medio Ambiente e a organización ecoloxísta ADEGA.
viernes, 4 de abril de 2014
A CALIDADE HIDROMORFOLÓXICA NA CAMPAÑA DE OUTONO
Básease
no estudo do río observando o estado do hábitat e do bosque de
ribeira así como o réxime do caudal.A valoración de estes
elementos permitirános coñecer a calidade ecolóxixa do ecosistema
acuático,pero só cando os indicadores biolóxicos e fisioquímicos
nos mostren un resultado óptimo estaremos seguros de que o río se
encontra en boas condicións.
HABITAT:
Fluidez
da auga
A
auga é o elemento máis determinativo nun río.
É moi importante analizar o caudal do río e observar o réxime anual
de chuvias da cunca. As pecipitacións poden ser estacionais e o río
non levará auga nas estacións secas(fundamentalmente en ríos de
montaña) aínda que a falta da auga pode estar ocasinada polols
homes,polas desviacións de caudal río arriba ou pola
sobreexplotación de acuíferos da cunca.
Támen
hai que saber se o nivel de auga é habitual nesa época do ano
comparando o nivel de uga de outros anos neses meses ou
coninspeccións.
-Nosoutros
observámos que no río Xubia a auga flúe e o nivel de auga era o
adecuado para a época.
Os
rápidos
Débense
ter en conta os seguintes aspectos:
*A
predominancia de zonas de corrente lenta(balsas).
*Se
hai pozos con certa profundidade.
*A
predominancia de rápidos es eé igual á cantidade de balsas.
Estes
valores deben der tomados nun tramo do río non en todo o treito.
En
función disto podemos clasificar as augas do río en:
*Augas
rápidas(>0.3m/s)con pouca profundidade(<0.5m)
*Augas
rápidas(>0.3m/s)con moita profundade(>0.5m)
*Augas
lentas(<0.3m/s)con pouca profundidade(<0.5m)
*Augas
lentas(<0.3m/s)con moita profundidade(>0.5m)
-No
río Xubia obsérvase que afrecuencia de rápidos é ocasional e
observámos que o río todalas categorías a partir da nosa unidade
de mostraxe.
Substractos
Este
apartado so pode levarse a cabo se vemos o leito do río senon é moi
perigoso e NON
SE DEBE FACER!
E
preciso a determinación de:
*Bloques
e pedras:<64mm(as pedras:5.4-25cm de diámetro e os bloques >25cm
de diámetro).
*Coídos
e gravas:2-64mm(0.7-50.4cn de diámetro).
*Área:0.6-2mm(graos
de 0.1-0.7cm de diámetro).
*Limos
e arxilas:<0.6mm(partículas finas de <0.1cm de diámetro).
*materia
orgánica:follas e paus.
Os
resultados deben facer referencia da unidade de mostraxe,observando
os macroinvertebrados(a redor de 20-100m de radio).
A
sombra sobre o río
A
cantidade de luz que chega ao río
é importante porque facilita o crecemento das plantas acuáticas
e das algas.
• Desde
dentro do río
ou desde o borde da beira observaremos se hai moitos ou poucos claros
que permitan o aceso da luz solar a lámina
da auga. Hai que ter en conta que este apartado non fai referencia a
se o día
está
soleado
ou nubrado.
-
Nosoutros puidemos ver que o río
Xubia é sombreado con claros (que é a mellor sombra para un río
)
Heteroxeneidade
Neste
apartado hai que ver as estruturas naturais que atopamos no leito da
unidade de mostraxe e que actúan
como elementos de heteroxenidade:
follaxe, troncos, raíces
expostas ou espigóns
naturais.
Estes
elementos son pezas claves para proporcionar o hábitat
físico
que colonizarán
organismos acuáticos.
Constitúen,
ademais, unha fonte de alimento para estes organismos.
-
Puidemos observar que hai unha follaxe escasa (<10%), troncos e
polas, raíces
expostas e diques naturais.
Bosque
de ribeira
O
bosque de ribeira é a franxa de vexetación que
encontramos
entre o ambiente
terrestre e o fluvial e que permite o desenvolvemento de determinadas
comunidades animais e vexetais. Os bosques de ribeira,ademais deste
función
como receptáculo
de especies vivas, tamén funcionan como corredores biolóxicos
que dan continuidade espacial á
paisaxe.
-
O bosque de ribeira no río
Xubia é moderada na marxe dereita e esquerda.
O
caudal
Que
un río
leve maís
ou menos auga afecta a moitos organismos e comunidades que conviven
dentro dese ecosistema.
•
Á
hora
de medir o caudal cómpre
determinar as dimensións
do
leito
e a velocidade da auga.
-
Resultado dos cálculos
que fixemos sobre o caudal do Xubia:
Ancho: 13m Sección: 26.715m2
Profundidade:
2.055m Velocidade: 0.6m/s
·
Caudal : 17.81m3/s
Alba Aneiros e Verónica Pena
CALIDADE FÍSICOQUÍMICA NA CAMPAÑA DE OUTONO
Os datos tomados en relación a esta parte do proxecto,
son os máis instantaneos de todos, xa que nos permiten saber a
situación da auga no momento da recollida, pero poden variar
rapidamente.
TEMPERATURA
Presenta pequenas variacións ,debidas á influenza do
sol na auga, pero tamén pode presentar variación debido á ación
humana (vertidos quentes ao río). Relaciónase coa cantidade de
osíxeno disolto (a temperatura reduce a solubilidade do osíxeno), que condiciona o
desenrolo de certos seres vivos.Tamén xoga un papel directo no
crecemento das bacterias (+ T) e en ocasións, son necesarios uns
niveis concretos de temperatura para que afloren certas especies.
Mídese co termómetro.
Temperatura do río Xubia = 11Cº
pH
Determina o grao de acidez ou alcalinidade do río. As
cuncas graniticas ou os vertidos das fábricas poden causar a súa
variación.O pH é moi determinante á hora da supervivencia de
moitos organismos.
Mídese mediante unha pastilla de pH e unha escala de
cores.
PH do río Xubia = pH 7 (neutro)
NITRATOS
Son fundamentais para o crecemento das algas e plantas
acuaticas, e segundo a súa concentración( que depende da
descomposición dos seres vivos) aparecen ou non certas poboaciones.
Os vertidos e os fertilizantes agrícolas que caen ao río aumentan a
concentración de nitratos, o que pode chegar a ser moi perigoso. A
saturación de nitróxeno das augas, pode provocar unha situación de
eutrofización (diminuición dos niveis de osíxeno debido a unha
forte degradación de material orgánico) que afectaría a todos os
seres vivos.
Mídese mediante dúas pastillas de nitratos e unha
escala de cores.
Nitratos do río Xubia = 5mg/l
OSÍXENO DISOLTO
A súa concentración varía de forma inversamente
proporcional á temperatura. Manter uns niveis adecuados é moi
importante, xa que por niveis inferiores aos 4 mg/l, as poboacións
acuáticas, veranse afectadas.O osíxeno proven basicamente da
atmosfera e dos seres fotosintéticos.A salinidade, ao igual que a
temperatura mantén unha realación inversamente proporcional co
osíxeno. É moi necesario na respiración e degradación dos seres
vivos.
Mídese servindonos de dúas pastillas de osíxeno e
unha escala de cores.
Osíxeno disolto no río Xubia = 8 mg/l
SATURACIÓN
É unha maneira de medir a concentración de osíxeno,
pero sobre o total que pode soportar o auga dese río.
Mídese con axuda dunha taboa e depende da temperatura
da auga e da cantidade de osíxeno disolto.
Saturación do río Xubia = 67%
TRANSPARENCIA
Indícanos a cantidade de partículas disoltas ou en
suspensión que ten o río. Esto permite á súa vez coñecer a
cantidade de luz que chega aos niveis mais fondos. Pode variar debido
a un forte removido causado polas chuvias ou polas actividades
humanas (verteduras e extraccións de áridos).
Nesta ocasión mediuse grazas a unha táboa, dividida en
sectores.Póñeselle enrima unha botella , e en función de ver mais
ou menos sectores , será mais ou menos trasparente.
Transparencia do río Xubia = observanse todos os
sectores
Atendendo a todos estes datos podemos concluir que o río
Xubia ten unha boa calidade fisicoquímica.
Jua Daniel Carballeira e Carlos Martínez 4º B
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

