O pasado día 14 de abril,fomos ata a presa do Río Xuvia que hai en San Sadurniño a medir parámetros para así saber a calidade da auga e observar os organismos macroinvertebrados que hai no río.
Fomos ao río,concretamente abaixo da presa e alí foi onde tomamos as mostras.
![]() |
Río Xuvia,San Sadurniño |
MATERIAS UTILIZADOS
- Badeador
- Truel
- Bandexas
- Pipetas
- Pinzas
- Lupas
Metémonos no río e remexemos o fondo para que os organismos que estivesen subisen cara a superficie,co truel collemos os "bichiños" e puxémolos nas bandexas para posteriormente observalos.
Collemos os insectos coas pinzas e observámolos coas lupas ata identificar,coa axuda dos documentos que nos deu Lois,que clase de macroinvertebrados eran.
Unha vez rematamos a observación anotamos os tipos de invertebrados para así ter referencias e poder saber o estado do río.
O este é moi bo,xa que atopamos bastantes macroinvertebrados do tipo dos tricópteros.
![]() |
Taboa de referencia |
No hay comentarios:
Publicar un comentario