O proxecto ríos pretende estudiar o rio Xubia ó seu paso por San
Sadurniño dende un punto de vista interdisciplinar. Os profesores
participantes pretendemos achegar ó alumnado o coñecemento do ecosistema
fluvial e o seu patrimonio etnográfico e cultural e tamén todo aquilo ó
que os rios aportaron á nosa sociedade dende hai séculos. Trataremos
pois de "aprender facendo" sobre este importante recurso.
Para traballar ímos facelo no contexto do proxecto ríos que ADEGA botou a andar hai anos, podedes velo no seguinte enlace http://www.proxectorios.org/.
A nosa iniciativa enmárcase ademáis no Plan Proxecta da Consellería de
Educación, en colaboración neste caso coa Consellería de Medio Ambiente e a
organización ecoloxísta ADEGA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario