jueves, 23 de abril de 2015

CALIDADE BIOLÓXICA DO RÍO XUVIA

O martes 14 de Abril fixémos unha saída ao río Xuvia co obxectivo de coñecer o seu estado de saúde, para isto mostreamos unha zoa na que se encontraban varios macroinvertebrados que nos permitirían saber a calidade biolóxica que había nese tramo do río. Os materiais que empregamos foron: Un badeador, un truel, bandexas, pinzas, pipetas, lupas e algunhas botellas. Unha vez no río, en concreto na zoa baixa da presa, dividímonos en tres grupos de tres persoas cada un e repartimos os materiais. Unha vez feito isto, procedemos a meternos na auga co badeador e o truel en busca de macroinvertebrados, comezamos a remexer o fondo, e unha vez collidos os bichiños dispuxemolos nas bandexas co fin de identificalos mediante unhas laminas de referencia. Axudámonos das pinzas e das pipetas para collelos, e das lupas e as botellas para observalos máis detidamente. Obtivemos varios plecópteros, efemerópteros e tricópteros, polo tanto o resultado da calidade do río é moi boa.

1 comentario:

  1. Bo artigo Celtia. A ver si o podes completar coa situación nun mapa do punto de mostreo. Tamén nos podes describir un pouco mellor o método de bioindicación.

    ResponderEliminar