lunes, 19 de mayo de 2014

En maio e abril poemas mil II

Eleximos hoxe un poema do autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, Xosé María Díaz Castro. O poemá titúlase "Vísperas" e pertence ao seu libro Nimbos:


POLOS DÍAS do Carmio a festa chega ó río.
Unha música ardente vén no aire coma un río
de recordos. Foguetes lonxanos cain no río.
Este é o Porto – Muíño, todo en lapas, o río.

O río está deitado coma un boi remoendo,
i o Tempo non sei qué anda rente del remexendo.
As bágoas do ameneiro cain pola noite abaixo,
e fan ceos pequenos de estrelas aló embaixo.

Nas puntiñas dos pés a festa chega ó río,
i anésgase, larmeira, á beiriña do río.
Despois vólvese tola: brinca o río berrando,
e pérdese nos vimbios e as xesteiras beilando,

 i acéndese nos vidros da aldea chea de anos,
i ergue a moi meiga as pálpebras de animás e cristianos…
Chora o ameneiro en soños (¡Que ben se oin os muiños!),
e chora polo tempo perdido nos camiños.

Ai como está de bágoas de nenos feito o río!
Este é o Porto – Muiño, todo en sombras, o río.
A Virxe pasa a mau polo lombo do río…

Xosé María Díaz Castro
Por certo, se queres saber algo máis sobre os ameneiros aquí atoparás máis información.

No hay comentarios:

Publicar un comentario