lunes, 26 de mayo de 2014

A campaña de primavera

O día 13/5/2014 os alumnos de Bioloxía e Xeoloxía de 4º ESO realizaron a inspección da campaña de primavera do Proxecto Ríos.

Moitos dos datos tomados correspóndense coa campaña de outono agás os que se citan a continuación:

A CALIDADE HIDROMORFOLÓXICA 

Neste apartado medimos de novo o caudal do río no mesmo punto que o determinamos na campana de outono.  Determinamos o ancho do cauce, a profundidade e a velocidade mediante unha cortiza que deixamos caer na superficie da auga e anotamos os segundos que tardou en percorrer unha distancia de 10 m. Multiplicando ancho, profundidade e velocidade determinamos o caudal. O resultado obtido, foi menor que na campaña de outono como era de esperar, debido a que as precipitacións tamén foron menores nesta campaña, pero hai que sinalar, que o vento, aínda que suave impedía que a cortiza avanzase correctamente, polo que esta redución medida non sería tan notable como amosan os datos obtidos, 4,9 m3/s



A CALIDADE FÍSICOQUÍMICA

Neste apartado volvimos a determinar a temperatura e transparencia da auga, contido de nitratos, pH, osíxeno disolto e saturación.
Sinalar que a temperatura foi de 13,1ºC, é dicir, 2,1 ºC superior a campaña de outono. Debido a este incremento da temperatura e que o contido de osíxeno disolto foi o mesmo, a saturación pasó do 67% o 70%. Polo tanto continuamos en valores optimos, e aínda que a auga podería incorporar aínda un 30% máis de osíxeno, tamén nos indica que a produción de osíxeno no metabolismo das algas e superior a campaña de outono.

A CALIDADE BIOLÓXICA

Recollimos de novo as mostras do substrato, para analizar a calidade biolóxica empregando como bioindicadores os macroinvertebrados. A biodiversidade de organimos foi moi similar a campana de outono, pero atopamos un maior número de organismos de cada especie. Con respecto a esto seguimos determinando que as augas do río Xuvia no noso treito, non estan contaminados ou ateradas de modo sensible.

No hay comentarios:

Publicar un comentario