jueves, 26 de junio de 2014

O ALUMNADO DE 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA PARTICIPA NO PROXECTO RÍOS

Aproveitando o bo tempo do mes de xuño, o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria participou activamente no PROXECTO RIOS. Centrámonos no estudo da calidade da auga en función da presencia de macroinvertebrados bioindicadores. Foi sorprendente para o alumnado e tamén para o profesorado, a biodiversidade observada, coa presencia dun elevado número de familias de macroinvertebrados. A calidade da auga basada neste índice saíu, como sempre MOI BOA.








1 comentario:

  1. Moi boas tardes. Son Eloi Saavedra. Son o presidente da Sociedade de caza e pesca Xuvia.
    Prestoume moito ver o voso traballo e quérovos dar a miña felicitación por el.
    Por suposto xa vos digo que se necesitades da nosa axuda para calquera cousa podedes contar coa nosa axuda. O noso vicepresidente, Alberto Mera, é biólogo especializado en ictioloxía, có que incluso penso que vos podería asesorar puntualmente.
    No mes de Outubro faremos en colaboración coa Consellería unha mostraxe de densidade de salmónidos mediante pesca eléctrica, á que estades invitados porse queredes coñecer mais sobre procedementos de avaliación.
    Un saudo e as miñas felicitacións de novo.
    Podedes atoparme no Facebook ou no correo arrotreba@gmail.com.

    ResponderEliminar