lunes, 2 de junio de 2014

Xuño de poemas

Continuamos neste mes de xuño coa nosa antoloxía de poemas relacionados cos ríos. Hoxe lembramos a Manuel María e a un seu poema do libro Terra Cha.

Regato do Cepelo: naces e morres
na miña tribo, breve como
a milagreira pinga do orballlo
que se pousa no pétalo da rosa,
espello dos meus soños, murmullo
de frauta e asubío, salouco
emocionado e irreprimíbel, cunco
de pureza musical, laverca
chiadora, fadada raioliña
de lúa deitada docemente
nesta terra, humana e vella, só
pra darlle a túa delicada levidade.
Manuel María, Terra Cha
Por certo,  Manuel María lembra nun dos  seus libros (A tribo ten catro ríos)  os ríos da súa terra desta forma :
"O caso é que Outeiro de Rei, no comenzo da súa vida, tivo tres ríos: O Pai Miño ou Río Grande, que vén atravesando toda a Terra Cha, ancho, solemne, vagoroso, recreándose ó olla-la beleza das súas propias ribeiras.  O Ladra, de augas tépedas, que baixa estarabouzando entre árbores, para morrer no Miño. O río Ladra morre murmurando porque sabe morrer é o remate natural de cada vida e el non lle ten medo á morte. As súas augas cantareiras non desaparecen: mestúranse coas do Miño para darlles un pouco máis de alegría. E finalmente o Río Pequeno, Río de Robra ou Santa Marta, que dos tres xeitos se chama."
Se queres saber coma naceu o cuarto río, só tes que facer clic neste enlace.

Foto atopada aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario